ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 48 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Estabilidade nos positivos por coronavirus en Valdeorras. Na xornada deste mércores 8 de xuño a comarca rexistra 48 casos activos de Covid, 1 menos que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

O único concello que experimenta un leve incremento é A Rúa con 13 positivos (1 máis que onte). Por contra baixan os casos no Barco con 25 positivos (2 menos que onte).

No resto de concellos o número de casos mantense igual que onte. O Bolo con 1 positivo, Carballeda de Valdeorras que tamén ten 1 positivo, Larouco con outro positivo, Petín tamén ten 1, Rubiá ten outro, A Veiga ten 4 e Vilamartín ten tamén 1.

En canto ao Hospital Público de Valdeorras está neste momento libre de Covid, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button