
Tras a boa acollida dos tres programas de mobilidade xuvenil internacional (a través do Eramus+) promovidos o pasado verán por Valdeorras Vive na comarca, esta asociación xuvenil xa ten entre mans dous proxectos de Training Course (para o desenvolvemento de competencias e reforzo de habilidades dos participantes a través de métodos propios da educación non formal) para esta primavera, que mesturan viaxe e aprendizaxe “nun ambiente multicultural e con todos os gastos pagos”.
Desta volta, faino ademais participando como organización que envía a grupos Erasmus para estes intercambios internacionais, en lugar de ser a entidade receptora. En concreto contan con “dous proxectos Erasmus+ no extranxeiro para os que estamos buscando mozos de Valdeorras, xente con ganas de implicarse ao máximo. Serán intercambios xuvenís en Romanía e en Hungría no mes de marzo”, adianta Lucas Docampo dende Valdeorras Vive.
Para o de Romanía buscan a oito mozos/as da comarca interesados en participar e para Hungría 3. En ambos casos serían persoas con idades comprendidas “entre os 18 e 30 anos, nivel de inglés medio e ganas de participar! Todos os gastos están cubertos polo programa Erasmus + (transporte, hotel, comidas e actividades)”, matizan dende Valdeorras Vive.
Destes Training Course formarán parte asociacións de Italia, Malta, Portugal, Alemaña ou Grecia.
Máis información: