CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Valdeorras Vive, que estrea a acreditación “Erasmus+” en xuventude, promove 3 novos intercambios internacionais

 

Despois da boa acollida dos programas de intercambio xuvenil organizados en anos anteriores por Valdeorras Vive, esta entidade ten xa planificados tres novos proxectos “Eramus+” para este verán. “Acabamos de facer pública a chamada para participantes de tres novos proxectos Erasmus+ este verán. Buscamos mozos para dous proxectos aquí e un en Estonia. Todos os gastos están cubertos e damos prioridade a xente de Valdeorras”, indican os promotores da iniciativa.

Dous destes proxectos desenvolveranse na veciña comarca no Bierzo. Así, do 4 ao 12 de xuño en Carucedo desenvolverase o primeiro dos intercambios, chamado “Baco Festum: journey to the roots”. Nesta iniciativa participarán mozos (de 18 a 30 anos) de Xeorxia, Estonia, Turquía, Hungría e Bosnia & Herzegovina, así como seis xoves españois. “Aprenderemos con exemplos reais sobre a diversidade cultural, as competencias clave e o patrimonio histórico que nos une, todo iso con talleres en inglés, actividades ao aire libre”, din dende a organización.

 

 

Despois, do 17 ao 24 de setembro en Santiago de Peñalba desenvolverase o training course “Tebaida berciana: innovate ideas for our rural future”. Con este curso de formación preténdese “achegar aos traballadores xuvenís mellores ferramentas e inspiración para promover o emprendemento en zonas rurais”. Contará con participantes (a partir de 18 anos) de Estonia, Turquíae Hungría e tamén con 4 participantes españois.

A iniciativa incluirá talleres e actividades, “así como exemplos prácticos para promover o emprendemento e a innovación para a protección do noso patrimonio histórico. Será unha semana de convivencia intercultural, enteiramente en inglés, con actividades ao aire libre”, etc, tal e como adiantan os promotores.

 

 

Ademais, do 1 ao 10 de xullo, Valdeorras Vive promove o intercambio xuvenil (para mozos de 18 a 30 anos) “Camiño Estonia”, que se desenvolverá en Tallinn e Pärnu (Estonia. Hai 5 prazas para xoves residentes en España.

Así mesmo, esta asociación destaca que conta coa acreditación Erasmus+ en xuventude, “o que nos garantiza unha linea de proxectos continuada anualmente ata 2027”.

 

 

Máis información e formularios de inscrición no facebook Valdeorras Vive.

 

Artigos relacionados

Back to top button