CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Valdeorreses no concerto de Guns N’Roses en Madrid

Tocaban por última vez en España no 2012. Sete anos de paréntese que se interrumpían o pasado sábado 3 de xuño e co agasallo engadido de que desta volta Guns N’Roses volvía reunir sobre o escenario a Axl Rose, Slash e Duff Mckaggan. Xuntábanse tras dúas décadas. Era, polo tanto, un concerto cun sabor moi especial e que tiña ademais a peculiaridade de ser un dos últimos do estadio Vicente Calderón.

A cita con esta banda mítica de rock non desfraudaba. Reunía a máis de 50.000 persoas case todas vestidas de negro, entre as que non faltaba unha representación valdeorresa, que desfrutaba deste concerto de case tres horas de duración enmarcado na xira “Nunca nesta vida”. E despois de saborear este concerto, acudían á Cibeles para participar do ambiente da celebración da vitoria da Champions.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button