PolíticaÚltima hora

Valentín Formoso mantén un encontro coa militancia socialista no Carballiño

 

Valentín González Formoso, candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE, reuníase neste luns coa militancia no Carballiño, onde apelou ao orgullo do socialismo e instou a “recuperar a ilusión e a esperanza fronte ao compromiso e a resignación”. “Somos o PSdeG, a nosa aspiración non pode ser gañarlle ao BNG e ser segunda ou terceira forza, senón gañarlle ao PP e gobernar”, afirmou.

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE sinalou o 30 de outubro como unha data chave xa que “ese día decidiremos e queremos quedarnos como estamos ou se queremos un cambio, un novo pulo para que o socialismo galego avance” e defendeu o proceso de primarias. “Non debemos esquecernos de que todos somos compañeiros, todos somos socialistas”, dicía.

No Carballiño Formoso insistiu en “confrontar ideas e proxectos, non persoas, para facer un PSdeG máis forte e unido no que todas e todos sumamos e aportamos”.

Artigos relacionados

Back to top button