ConcellosÚltima hora

Varias Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil colaboran nos labores de extinción do incendio en Valdeorras

 

Toda axuda é pouca para combater o incendio forental que está arrasando boa parte da comarca de Valdeorras. E de axuda saben moito as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que están colaborando cos medios e axentes de extinción e sobre todo cos veciños, para intentar frear as chamas ou polo menos evitar que devoren os pobos.

 

 

Segundo puido saber este medio, entre as agrupacións que están traballando contra o lume en diferentes puntos da comarca están as da Rúa, Manzaneda, Trives, Petín e Parada de Sil.

No caso da AVPC da Rúa, o luns 18 de xullo estiveron pola tarde no pobo de Vales (O Barco) onde “coa axuda dos veciños controlouse o lume”, aseguran. E xa pola noite en Sobradelo estiveron con membros do GES de Mugardos e cos Bombeiros da Coruña.

 

 

No caso dos voluntarios de PC de Manzaneda, traballaban esta mañá en Carballeda de Valdeorras xunto aos Bombeiros da Mancomunidade de Celanova, agradecendo ao Restaurante Lisboa por darlles o avituallamento.

Fotos: PC A Rúa/ PC Manzaneda.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button