EconomíaEconomíaÚltima hora

Varios establecementos turísticos de Valdeorras, entre os que a Xunta pon a disposición dos afectados pola crise do Covid-19

En toda a provincia de Ourense hai vintedous

O Paladium en Vilamartín, está incluido na lista.

 

Como “unha alternativa aos afectados polo peche de establecementos turísticos, efectivo dende o 26 de marzo”, a Xunta de Galicia puxo unha serie de aloxamentos a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus como “traballadores desprazados que presten servicios esenciais; colectivos de especial vulnerabilidade social, como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero o cidadáns en tránsito”.

Esta lista, que inclúe 22 establecementos na provincia de Ourense (varios na comarca de Valdeorras e tamén na de Viana e Terras de Trives)  “é dinámica polo que pode sufrir cambios”, explican dende Turismo, incidindo en que “estes establecementos non poderán ser empreados en ningún caso por persoas que tiveran decidido saír dos seus lugares de orixe, tras decretarse o estado de alarma o pasado 14 de marzo, ou por unha razón que non esté amparada polo Real Decreto 463/2020“.

Máis información e listado de establecementos dispoñibles segundo a Xunta, na web:Turismo.gal

Artigos relacionados

Back to top button