ConcellosLaroucoSan Xoán de RíoÚltima hora

Veciños de Río e de Larouco desfrutan xuntos dun día na Ribeira Sacra

 

Un grupo de 70 persoas, formado por veciños dos municipios de San Xoán de Río e de Larouco, facían unha viaxe pola Ribeira Sacra na xornada do domingo 9 de outubro, percorrendo algúns dos seus principais atractivos. Non faltou a viaxe en catamarán, a visita a adegas e catas de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

 

 

Neste traxecto eran recibidos polo alcalde de Sober e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián. Dende os Concellos de San Xoán de Río e Larouco, os seus alcaldes agradecían esta acollida.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button