OurenseÚltima hora

Un vehículo do GES de Lobios cae dunha ponte

O accidente producíase cando se dirixía a auxiliar a dous motoristas que resultaban feridos noutro sinistro

Unha dotación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Lobios sufría na tarde do 23 de agosto un accidente de tráfico cando se dirixía ao lugar no que se producía un sinistro no que resultaban feridos dous motoristas. O vehículo precipitábase por unha ponte, situada no quilómetro 10 da OU-312, segundo a información feita pública dende o 112 Galicia.

O único efectivo que viaxaba nel non precisou asistencia sanitaria. O vehículo quedou estable e non supuña un risco para ninguén, polo que puideron manter sen maiores consecuencias a asistencia aos dous motoristas feridos, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button