ConcellosÚltima hora

Veigamuíños (O Barco) celebra esta fin de semana as Festas de Santo Tirso

O programa ábrese esta noite coa cea popular que comezará en torno ás 21 horas
Asistentes á procesión de Santo Tirso o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cultos, música de orquestra e torneos (de naipes, de fútbol sala, de dardos,…). Son os ingredientes cos que a comisión organizou as festas patronais de Veigamuíños (O Barco de Valdeorras), na honra a Santo Tirso, que se celebran esta fin de semana.

Un ano máis é a cea, prevista para hoxe venres día 26, a que marque o inicio dos festexos. Comezará en torno ás nove da noite e por 5 euros, os asistentes poderán degustar un menú a base de panceta, chourizo, pan, viño e café. A música correrá por conta da orquestra Garibaldi, que actuará despois da cea que se servirá baixo unha carpa de 200 metros con calefacción.

Mañá 27 de xaneiro, será o día central da festa coa procesión prevista para as 12:30 horas seguida da misa solemne (tamén haberá misa ás 10:30 e ás 11:30h.). Ao saír da misa maior, haberá sesión vermú a cargo da orquestra Jerusalén que tamén actuará en sesión de tarde e verbena. Pola tarde haberá xogos para nenos e chocolate con doces por xentileza das Mulleres Rurais de Veigamuíños. A comisión porá unha colchoneta para os máis pequenos.

E así chegamos ao domingo 28 de xaneiro, último día das festas que arrancará coa misa solemne ás 13 horas. Ao rematar, o trío Mayel porá son á sesión vermú e tamén ao baile pola tarde.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button