ConcellosO BarcoÚltima hora

Veigamuíños (O Barco) recupera a Festa da Virxe das Neves, tras moitos anos sen celebrarse

 

Malia que acostuma asociarse a Veigamuíños (O Barco) unicamente coa Festa do Santo Tirso, en xaneiro, o certo é que esta parroquia celebraba tamén antano outra festa no verán: a da Virxe das Neves.

 

Imaxe da Vixe das Neves na parroquia de Veigamuíños (O Barco)./ Cedida.

 

Logo de moito tempo sen organizarse, este ano o cura de Veigamuíños e a veciñanza decidían recuperar esta antiga celebración, que que desenvolvía nesta fin de semana.

 

 

Na xornada deste domingo 7 de de agosto, a partir das 11h. tiña lugar a procesión coa imaxe da Virxe das Neves, seguida da misa. Despois algúns dos veciños desta localidade barquense reuníanse para xantar no local coñecido como “O Alambique”. E neste xantar festivo non faltaba, por suposto, unha sobremesa moi especial a base de tartas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button