CulturaCulturaÚltima hora

Velada músico-literaria da man de AMAVA, o 14 de novembro na Biblioteca Municipal do Barco

Edelmiro Mateo presentará o seu libro 'A Árbore do Pan' co acompañamento do acordeón

 

O outono e concretamente o mes de novembro é unha época de recolección e magostos, de festexar o froito e de preparación ao longo inverno coa despensa chea. “Sabemos que é unha época de intenso traballo no sector pero tamén sabemos que é necesario de cando en vez facer unha parada para respirar, coller forzas e seguir”, aseguran dende AMAVA, a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras que organiza unha velada músico-literaria coa castaña como protagonista.

Mañá, xoves día 14 ás 20 horas, a Biblioteca Municipal do Barco de Valdeorras acollerá a presentación do libro A árbore do pan, obra do verinés Edelmiro Mateo. “Unha preciosa historia da vida contada por unha castaña, coa sensibilidade dun autor novel pero xa con varios textos no seu haber e sempre deixando un ensino . Unha historia que seguro nos enternecerá e faranos pensar”, din dende AMAVA.

Mateo acompañará a presentación (que conta coa colaboración do Concello do Barco) coa música do seu acordeón para facer aínda máis ameno e inesquecible o momento.

 

Artigos relacionados

Back to top button