Tras a brillante estrea no Campionato de España de Fútbol Sala pasando na fase de grupos como líder e invatida, sen encaixar ningún gol, a selección galega sub 14, volvía gañar con comodidade na segunda e terceira xornada.
O combinado dirixido por María Pérez superaba onte a Canarias (10-0) e hoxe a Illas Baleares (9-0), meténdose directamente na semifinal. Un resultado no que tivo moito que ver a xogadora barquense Vera Rodríguez González (Ourense Ontime) que leva 5 goles e moi boas sensacións, sendo “clave nos tres triunfos cun xogo espectacular”.
As galegas xogarán mañá, sábado 8 de marzo, ás 12 horas contra Cataluña o pase á final.
Fotos cedidas.