Despois de ter sido máxima goleadora no Torneo Comunidades de 2022 na categoría alevín, a xogadora do Tres Cuñados FS, Vera Rodríguez González, volveu ser convocada pola selección ourensá de fútbol sala, nesta ocasión na categoría infantil.
Tal como explican dende o club valdeorrés, a pivote deberá estar o vindeiro martes, 31 de octubroo ás 18:30 horas no pavillón municipal de Coles “para poñerse ás ordes do seleccionador”.