En portada

Verín alerta de que a auga da traída non é potable

Débese á seca e ás recentes chuvias torrenciais, segundo un bando informativo urxente que vén de emitir o Concello

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, vén de facer público a través dun bando urxente que nestes intres a auga da traída no é potable. “En cumprimento de prevención da saúde pública dos abonados do municipio de Verín, ponse en coñecemento de todos os usuarios que, como consecuencia das fortes choivas, a seca e o actual estado do terreo derivado dos últimos incendios, a auga de abastecemento non é apta para o consumo humano”, segundo o bando.

Tamén se informa de que “nestes momentos, o persoal técnico responsable atópase buscando unha alternativa para recuperar o correcto funcionamento do sistema de abastecemento. Unha vez resolto o problema puntual de potabilidade comunicarase a todos os usuarios polo mesmo medio de información.

Artigos relacionados

Back to top button