ConcellosÚltima hora

Verín celebra a noite de San Xoán cun espectáculo de Terras de Queimada

Será unha representación escenográfica da tradicional queimada previa ao encendido da fogueira
O espectáculo do ritual da queimada terá lugar antes do encendido da fogueira de San Xoán.
O espectáculo do ritual da queimada terá lugar antes do encendido da fogueira de San Xoán.

Verín celebrará o vindeiro xoves a noite máis máxica do ano por todo o alto. A programación do San Xoán contará este ano cun espectáculo de Terras de Queimada, no que se escenificará a tradicional queimada con música, conxuro e lume. A presentación tivo lugar esta mañá no Concello e contou coa presenza dos actores que participarán esa noite, a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e António Lourenço, coñecido como ‘Padre Fontes’, que será o mestre de cerimonias.

O espectáculo terá lugar na Praza García Barbón a partires das 00:30 horas. Actuarán o Bruxo Queiman e Andrea Pousa, que invocarán aos deuses galaicos a través do lume, da música e da forza escénica para representar o ritual da queimada.

Posteriormente, a vila procederá ao encendido da tradicional fogueira de San Xoán, que será na Praza da Alameda. Tamén haberá animación musical a cargo de Zona de Baile A Gramola.

Artigos relacionados

Back to top button