ConcellosÚltima hora

Verín convoca un foro de participación cidadá para trazar estratexias sustentables

A cita será o 3 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura
Cartel do foro.
Cartel do foro.

O Concello de Verín traballa para promover o crecemento sustentable da vila e para iso convoca para o vindeiro 3 de novembro un foro de participación cidadá. A cita, prevista para as 20 horas na Casa da Cultura, ten por obxecto recoller ideas e trazar estratexias para a sustentabilidade do municipio. E é que a través dos fondos estruturais da Unión Europea (UE), a Consellería de Medio Ambiente da Xunta está a promover o coidado ambiental buscando a integración e a adaptación ao cambio climático dende a xestión pública.

As liñas sobre as que se debaterán e se recollerán ideas serán a neutralización das consecuencias do cambio climático a través da prevención, a mellora da eficiencia enerxética nos edificios, infraestruturas e servizos públicos, incremento do uso das enerxías renovables e o fomento da mobilidade urbana a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, e da conexión urbana e rural.

Tamén se recollerán suxerencias da veciñanza a través do buzón virtual da páxina web. O prazo de envío por esta canle pecharase o 10 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button