ConcellosÚltima hora

Verín, na Rede Europea de cidades con Carnaval

Participará en calidade de asociado no proxecto “Patrimonio Efimeral dos Rituais do Carnaval Europeo”

Ten sido creada baixo os auspicios da Comisión Europea e reúne a máis de 25 institucións de Portugal, Italia, Alemaña, Reino Unido, Croacia, Eslovenia e España. A Rede Europea de institucións públicas e privadas relacionadas co Carnaval vén de acepar ao Concello de Verín como novo asociado.

Isto supón que Verín “verase beneficiado directamente das oportunidades de promoción e financiación a nivel europeo, a curto prazo, e xa de forma indirecta participará en calidade de asociado no proxecto Patrimonio Efimeral dos Rituais do Carnaval Europeo“, tal e como se destaca dende Eurocidade Chaves-Verín.

Esta iniciativa pretende promover algúns dos rituais dos carnavais europeos e os sectores culturais e creativos asociados con eles. “Estes acontecementos constitúen unha parte importante do patrimonio cultural inmaterial de Europa. O proxecto pretende dar maior atención a estes acontecementos e crear vínculos entre eles e, en última instancia, reforzar a idea dun espazo cultural europeo común e realizar o sentimento dunha identidade europea común”, indican dende a Eurocidade Chaves-Verín.

Artigos relacionados

Back to top button