CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Verín recuperará as súas Xornadas de Novela Histórica os días 1 e 2 de outubro

Baixo o título de “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel

Un dos responsables da Biblioteca de Verín, coa concelleira de Cultura./ Foto: Concello de Verín.

 

Os vindeiros 1 e 2 de outubro, a Biblioteca do Concello de Verín organiza as que serán as súas IV Xornadas de Novela Histórica. Baixo o título “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel. Así o confirmou está mañá a Concelleira de Cultura, Emilia Somoza, na propia Biblioteca.

As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel.

O evento contará cun estrito protocolo de seguridade anticovid-19, e as persoas interesadas en adquirir as entradas para o mesmo poderán facelo, de maneira gratuíta, a través da web de ataquilla.com.

“«Un ano máis Verín converterase no epicentro da Novela Histórica grazas ao gran traballo realizado desde a Biblioteca de Verín”, resaltaba a edil Emilia Somoza. Despois deste parón obrigado provocado pola pandemia, o Concello retoma con forza a súa axenda “coa finalidade de converter a nosa vila nun referente non eido cultural e de lecer organizando eventos temáticos punteiros na súa materia e sempre de gran calidade, como xa son o FIC Vía XIV ou estas xornadas; ou de seguro o será a novidosa Feira da Cervexa programada en outubro”.

 

Foto: Concello de Verín.

 

Programa das Xornadas de Novela Histórica

Venres 1 de outubro

Mañá:
11:00 h. Presentación.
11:05 h. Intervención musical de Lourdes Olbés
11:10 h. Rosario Raro, José Calvo Poyato y José Luis Corral: Seminario “Mujeres en la historia y como escribir novela histórica”, dirixido aos centros de ensino.
12:15 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.
12:20 Clausura mañá.

Tarde:
19:00 h. Inauguración
19:05 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.
19:10 h. Rosario Raro: “De La huella de una carta a Desaparecida en Siboney: mujeres protagonistas en mis novelas”.
19:55: Intervención musical de Lourdes Olbés.
20:00 h. Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde la perspectiva femenina”.
20:45 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.
20:50 h. Firma de libros.

Sábado 2 de outubro

18:30 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.
18:35 h. María Vila: “Mujeres piratas en el siglo XVI”.
19,15 h. María Solar: “Los niños de la viruela. La mayor expedición filantrópica de la historia de la humanidad”.
19:55 h. Intervención musical de Lourdes Olbés
.20:00 h. Luz Gabás: “Las mujeres en mis novelas: De “Palmeras en la nieve” a “El latido de la tierra”.
20:45 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.
20:50 h.: Clausura y firma de libros.

Toda a información estará dispoñible na web http://www.novhis.bibliotecadeverin.es/

Artigos relacionados

Back to top button