SanidadeÚltima hora

Verín rexistra un novo brote de covid con tres casos e Melón outro

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No día de onte detectábase u un novo gromo importado localizado no concello de Verín despois do diagnóstico de tres casos, todos pertencentes a unha mesma unidade familiar, segundo informa a Consellería de Sanidade. Nestes momentos está activado o protocolo para o estudo, identificación e localización dos seus contactos máis estreitos co obxectivo de realizar as probas diagnósticas que sexan pertinentes.

Os tres pacientes, dous homes de 84 e 51 anos e unha muller de 76 anos de idade, encóntranse en situación de illamento nos seus domicilios, monitorizados e a seguimento telemático polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

Brote en Melón

Ademais está activo un novo brote no municipio de Melón, que ata o momento ascende a tres casos, despois do diagnóstico dun primeiro caso de Covid19, o pasado luns 25 de agosto, e que na actualidade afecta a dous homes de 73 e 43 anos e a unha muller de 66 anos de idade, todos pertencentes a un mesmo núcleo familiar e que teñen a súa residencia nese concello ourensán, segundo confirma Sanidade. “Desde o primeiro momento o centro de detección activou o protocolo para o seguimento e estudo dos seus contactos máis estreitos para a súa identificación e posterior realización das probas diagnósticas correspondentes”, indica a consellería-

Neste momento os tres pacientes están en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telemáticamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

A aparición deste gromo provocou que “Sanidade, como medida preventiva, ordease desde o luns a restrición total nas visitas e nas entradas e as saídas da Residencia Santa María de Melón co obxectivo de preservar a saúde e seguridade dos residentes e dos traballadores do centro”, segundo a consellería.

Inactivos varios brotes na provincia

Segundo o protocolo establecido por Sanidade referido a detección, control e seguimento dos casos activos de COVID-19 e cumpridos os prazos de tempo correspondentes aos períodos de illamento dos pacientes e á realización das erspectivas probas diagnósticas, quedan inactivos varios gromos da provincia.

“Polo tanto ao primeiro gromo de Beariz, que xa quedou inactivo fai unha semana, hai que engadir agora os de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, San Cibrao das Viñas e un gromo familiar de Ourense que afectou no seu momento a cinco pacientes”, sinala Sanidade.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button