CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

VI Certame de Corais en Parada de Sil

Neste encontro musical, celebrado na igrexa de Santa Mariña, participaban tres formacións corais

 

A igrexa de Santa Mariña en Parada de Sil acollía a partir das 20h. da tarde deste domingo 27 de agosto o VI Certame de Corais neste municipio.

Neste encontro musical, cun numeroso público, participaban tres formacións: a Asociación Cultural Amigos da Música de Verín, a Asociación Cultural Coro “Facundino Sahagún” e o Coro Aqua Música. Entre os asistentes estaba o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen ao final da actuación entregaba, en nome do Concello, un agasallo de agradecemento aos participantes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button