Galerías de fotosÚltima hora

Via Crucis en Lamalonga

A malas condicións meteorolóxicas do pasado Xoves Santo, e máis en concreto a neve, obrigaban a suspender o percorrido de 14 km do “Via Crucis da Serra”, entre o Alto da Portela e Lamalonga (A Veiga).

No seu lugar, celebrábase un Via Crucis no interior da igrexa de Lamalonga. Despois, os asistentes compartían un chocolate ben quentiño, agasallo da Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento Comarcal de Lamalonga “Pepe de Barrio”, na Cantina deste pobo.

Fotos cedidas pola Asociación “Pepe de Barrio”.

Artigos relacionados

Back to top button