ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo celebrará o “Día de Rosalía” con poesía e coa música de Xardín Desordenado

Estes actos terán lugar o vindeiro domingo 24 de febreiro na Casa da Cultura a partir das seis da tarde

 

Para conmemorar o “Día de Rosalía”, que se celebra cada ano o 24 de febreiro, o Concello de Viana do Bolo ten previsto organizar varios actos na tarde do vindeiro domingo na Casa da Cultura da vila. Así ás 18h. está programada unha lectura da obra desta poetisa por parte dos veciños. Os que participen recibirán un agasallo.

Despois poderá asistirse ao concerto “Rosalía entre outras cousas” do grupo Xardín Desordenado. Nesta actuación intepretaranse cancións compostas sobre textos de Rosalía e doutras seis autoras galegas de distintas xeracións: Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luisa Castro, Olga Novo, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizán.

Artigos relacionados

Back to top button