
As terras de Vilariño de Conso e de Viana do Bolo acollerán o sábado 22 de abril o I Encontro de Gandeiros de Raza Ovella Galega, unha raza en perigo de extinción. O programa encetarase cun acto inaugural na Casa da Cultura de Viana do Bolo ás 10:30h. Alí os participantes serán recibidos pola organización e farase unha breve introducción sobre a raza ovella galega por parte de Cástor José Rivero, presidente de Boaga, e de Silvia Adán Belmonte, directora técnica Asovega e Capriga, e de Emma González, xerente do
Inorde.
A partir de aí comezarán as vistas ás explotacións. Así ás 11:30h. os participantes achegaranse ata a Granxa A Ciruxana de Xoán González, cuxa nave está en Ardexarxe (Viana do Bolo). Trátase dun mozo gandeiro que aposta polo sistema de cría ó aire libre e a rexeneración de pastos, nos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
Ás dúas está previsto un xantar no Pendón de Mazaneda a base de cordeiro galego ( menú de 30 euros) e pola tarde, a partir das 16:30h., visitarse a granxa de Nieves Fernández en Quintela do Pando (Viana do Bolo ). É unha gandeira tradicional e referente do país como criadora de ovella galega.