En portadaEntroido 2024Galerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo pecha o Entroido degustando sardiñas asadas e torrexas no Cabo da Vila

 

En torno ás oito da tarde do Mércores de Cinza arrincaba o Enterro da Sardiña en Viana do Bolo. E facíao co cortexo fúnebre encabezado por unha enorme sardiña que percorría a vila ata chegar ao Cabo da Vila onde era queimaba ante as miradas de multitude de persoas.

 

 

Este acto multitudinario, organizado dende hai décadas polos veciños de Cabo da Vila remataba cunha sardiñada, acompañada de viño e, como sobremesa, unhas deliciosas torrexas elaboradas polas mulleres do Cabo da Vila. O mellor xeito de poñerlle broche á festa máis importante do ano en Viana do Bolo.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button