DeportesFútbolÚltima hora

Viana do Bolo volverá ser unha das sedes en Galicia do campus de verán do Atlético de Madrid

Será do 5 ao 10 de agosto para nenos e nenas de entre 5 e 16 anos e desenvolverase no campo de fútbol As Carrelas

 

Viana do Bolo será un ano máis unha das sedes do Campus do Atlético de Madrid en Galicia, desta volta do 5 ao 10 de agosto, da man de Pinchacarneira.

Especialmente pensado para nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, desenvolverase no campo de fútbol As Carrelas, con actividades en horario de 9:30 a 14 horas.  Este año, tal como adiantan dende o campus, “en liña coa nosa vocación innovadora e compromiso social, queremos ofrecer una experiencia global aos participantes, mediante a inclusión de novas actividades que aportan un valor especial e acercan todavía máis a experiencia do Atlético de Madrid a Galicia”.

Igual que nas anteriores edicións, desde a organización poñerase un autobús que sairá desde O Barco e terá parada na Rúa para todos os nenos da comarca de Valdeorras que desexen ir.

Para máis información e contacto: campusatmgalicia@gmail.com / 656 487 890; e tamén: Pinchacarneira.

 

Artigos relacionados

Back to top button