ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viana entra nos días grandes das súas festas patronais

Sacará en procesión á Virxe da Asunción e a San Roque, os vindeiros días 15 e 16 de agosto, respectivamente

Viana do Bolo leva en festas dende o pasado sábado 10 de agosto coa quinta edición do Xostra Rock. Así, tamén tiveron lugar as Xornadas de Folclore, e hoxe, día 13 de agosto, será a Festa dos anos 80, coa actuación de “La edad de oro del pop español”.

Isto é un complemento lúdico ás actividades relixiosas, xa que nos dous días grandes das festas, 15 e 16 de agosto, sacaranse en procesión ás 12:30 horas, á Virxe da Asunción e a San Roque, respectivamente. O primeiro día a misa será cantada polo Coro Parroquial, mentres que o día 16, será o turno do Orfeón Vianés.

Non faltarán as orquestras nestes días, xa que o día 14, será a Costa Dorada; o día 15, La Estación; e o día 16, Gran Casino. O encargado de pechar as festas, o día 17, será a disco móbil Pablo Hervella.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button