
Ante a situación sanitaria que se vive en Viana do Bolo, con 21 casos activos por coronavirus, o seu alcalde, Secundino Fernández, vén de ditar unha resolución cunha serie de medidas. Entre elas figuran a “suspensión da apertura ao público da Casa da Cultura, a Sala de Exposicións, os Parques infantís, e mais as Piscinas Municipais”.
Tamén se suspende a celebración das feiras e mercados no Concello de Viana do Bolo.
A resolución da alcaldía pode consultarse aquí: