ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana sitúase en 6 casos activos de Covid-19

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Repunta de casos activos de Covid-19 en Viana do Bolo que, segundo os últimos datos comunicados ao Concello polo Sergas suma un total de 6,  que son 4 máis que os que se viñan rexistrando dende o 17 de agosto neste municipio. “No Centro de Saúde de Viana do Bolo, estanse a realizar moitos test de antíxenos dos que non saberemos os resultados ata que sexan confirmados polas PCRs correspondentes. Como en outras ocasións queremos suliñar que os positivos que están desprazados no noso concello, non computan aquí, polo que nos resulta imposible coñecer o número dos mesmos”, asegura o alcalde, Abelardo Carballo.

Por iso, ante “a situación de inseguridade e descoñecemento dos casos reais”, dende o Concello, engade o rexedor, “temos a obriga de ser precavidos e polo tanto suspéndense as seguintes actividades programadas para esta fin de semana: tirolina na piscina, aluguer de kaiak”.

Así mesmo, Abelardo Carballo indica que “dende o Concello desexámoslle ás persoas afectadas unha pronta recuperación e poñémonos á súa disposición para o que precisen”.

Artigos relacionados

Back to top button