En portadaEntroido 2025Galerías de fotosÚltima hora

Viana vibra ao ritmo dos folións nun espectacular Domingo Gordo

 

Un total de 21 fulións dous deles con carroza (Cabo da Vila e Punxeiro), participaban na mañá deste soleado e frío 2 de marzo, no espectacular e longo desfile do Domingo Gordo en Viana do Bolo.

 

 

Un desfile que comezaba ás once e media co Folión do Tameirón e remataba pasadas as tres da tarde co de Fradelo. E entre medias, percorrían as rúas e praza de Viana os folións de Grixoa, Quintela de Edroso, Fornelos de Cova, Cabo da Vila, Penouta, Quintela do Pando, Santa Mariña, As Carrelas, Punxeiro, Fornelos de Filloás, Bembibre, Buxán, Alternativo, Mormentelos, A Veiga, Os Arrieiros de Petín, Os Labregos, Vilariño de Conso, e Vilarmeao.

 

 

Ademais do toque de cada fulión, durante o percorrido e de forma moi especial na praza Maior onde agardaba un maior número de público, os Boteiros e Mázcaras abrían paso dando cor e intensidade á festa á que tamén acudía o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

 

 

Ao remate, tiña lugar unha nova e multitudinaria Festa da Androlla.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button