Máis de corenta anos levaban en Viana do Bolo sen categorías base. Por iso era grande a expectación que espertaba o partido disputado na tarde deste sábado 24 de setembro no campo das Carrelas entre os cadetes do CD Viana e os do Ourense CF SAD “B”.
Con apenas un ano de formación nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Viana que coordina Pinchacarneira, este primeiro partido de liga no grupo 1B de Ourense (Primeira Galicia) non estivo moi igualado pero a tarde viviuse igualmente con ilusión, sentando as bases da canteira para un concello e un club que viven con intensidade o fútbol apostando sempre por xente da casa.
Coa participación na liga, os cadetes demostran que Viana do Bolo conta por fin con canteira. O seguinte partido xogarano no Campus Universitario de Ourense ante o CD La Purísima “B”.
Fotos: Carlos G. Hervella.