DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Víctor Canalejas imponse na final de arco composto no XII Trofeo ArcoBarco Sala

O danés Stephan Hansen lograba a máxima puntuación na ronda clasificatoria, igualando o récord mundial

Moi repartidas, en canto a nacionalidades, foron as finais da XII edición do Trofeo ArcoBarco Sala celebrado na xornada do 4 de novembro no Barco de Valdeorras, con daneses, portugueses e españois no podio.

En total foron uns 90 os arqueiros de diferentes partes de Europa, que se deron cita na proba disputada no pavillón de Calabagueiros onde, pasadas as nove da noite e tralas emocionantes dfinais, tiña lugar a entrega de premios por parte do alcalde do Barco, Alfredo García, do concelleiro de Deportes Aurentino Alonso e do presidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Alfredo Rubio. En arco recurvo sénior home, a medalla de ouro foi para o coruñés Miguel Alvariño do club Sílex que venceu na final ao seu compañeiro de club Daniel Castro. A medalla de bronce foi para David Fonseca do Sporting Club de Portugal. Na categoría feminina, as portuguesas María Joao Ribeiro e Inés Cunha subían ao alto do podio coas medallas de ouro e prata respectivamente, sendo para Concepción Gómez do club Boa Vila, a medalla de broce.

Na modalidade de arco composto, Víctor Canalejas (campión de España) non tivo rival vencendo na final masculina a Javier Cerezo de Carraixet. A medalla de bronce foi para o danés Stephan Hansen, número un do mundo que lograba a máxima puntuación na ronda clasificatoria, igualando o récord mundial. A súa compañeira de equipo, Sarah Host facíase coa medalla de ouro na categoría feminina, seguida pola salmantina Gemma Corral (prata) e Verónica Presa do Archers Team (bronce).

Tamén houbo trofeos para os tres primeiros de instintivo sénior home (Silverio Bouzas do Boa Vista, Alberto Villarroel do Serra de Gondomar e Martín Mata do Arqueiros de Cambre); e longbow sénior home (Eugenio Casal e Óscar Casal do Meigarco e José Antonio Fernández do Club Lumelar; entre outros. Carolino Teixeiro e Marta Guerrero foron os gañadores do xamón ao vencer no torneo paralelo.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button