EconomíaEconomíaÚltima hora

Víctor Cobo: “O balance dos meses transcurridos desde a renovación da Declaración Ambiental de Producto é amplamente satisfactorio”

O presidente do Clúster da Pizarra, Víctor Cobo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Sete meses despois de que DAPcons analizara datos e parámetros de 25 empresas louseiras, principalmente galegas, para renovar a Declaración Ambiental de Produto (DAP) do sector, o presidente da Agrupación industrial que aglutina ás empresas deste ámbito de actividade, Víctor Cobo, fixo un balance “amplamente satisfactorio” da consecución deste selo, que se estenderá ata 2026.

Un sinal de calidade que os principais empresarios louseiros puxeron en valor recentemente durante a visita á comarca do vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde, cuxo departamento foi un “aliado clave” na consecución deste selo. Neste sentido, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, sinala que a renovación da Declaración Ambiental demostra o interese do sector da lousa en promover a transparencia do seu produto, ao mesmo tempo que constitúe unha clara mostra de compromiso desta industria coa política de minería sostible promovida polo Executivo galego.

 

Os técnicos que certificaron ao sector con esta declaración.

 

Para conseguir esta certificación, estudáronse determinados datos da lousa como produto tales como durabilidade e sustentabilidade ambiental, emisións, consumo de enerxía e auga ou eliminación de residuos, entre outros parámetros. Ademais, no estudo realizouse unha análise do ciclo de vida do produto lousa “do berce á tumba” e o estudo axudou a concluír que a lousa natural é un produto moi sostible.

As Declaracións Ambientais de Produto (DAP achegan información cuantitativa dos impactos ambientais dun produto ao longo do seu ciclo de vida. Son coñecidas como “Eco-etiquetas” tipo III. As Declaracións Ambientais de Produto (DAP) realízanse conforme á Norma Internacional ISO 14025, que define os requisitos que deben cumprir estas Declaracións ambientais, incluíndo a verificación por terceira parte. Existen tamén as DAP sectoriais, como a conseguida pola lousa, que mostran os valores medios dun produto con características funcionais similares.

Artigos relacionados

Back to top button