
A Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA, celebra neste 2025 o 15º aniversario. Unha data digna de lembrar que conmemorarán con diferentes actividades ao longo do ano.
A primeira terá lugar o vindeiro xoves 13 de marzo na Rúa. A partir das 20 horas contarán coa presenza de Víctor de Andrés de Mago de Oz, “recoñecido como un dos guitarristas máis destacados da actualidade, que acaba de chegar dunha xira por numerosos países de América”, din dende AMAVA, destacando que os asistentes poderán “gozar dunha pequena exhibicion, das súas experiencias, da súa visión sobre o mundo do rock e as novas tecnoloxías aplicadas ao seu instrumento; nunha sesión na que todos poderemos consultarlle as nosas dúbidas e inquedanzas”.
A cita será no Rock Bar Escondite Inglés que xa ten colaborado máis veces con AMAVA noutros actos. “Estades convidados a un cara a cara cunha verdadeira estrela do rock”, aseguran dende a asociación.




