En portadaÚltima hora

VIII Festa da Pisa da castaña en Purdeus (Parada de Sil), o 16 de novembro

A partir das 11:30h. comezará esta festa que incluirá unha mostra de produtos locais e un xantar da castaña

Pisa da castaña seca en Purdeus./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

É un labor tradicional para convertir a “castaña verde en pilonga” que se recuperaba hai xa oito anos en Parada de Sil. Dende entón, cada outono Purdeus-Chandrexa celebra a súa Festa da Pisa da Castaña. Esta tradición comezará ás 11:30h. e estará aberta á participación de veciños e visitantes.

As castañas levaranse dende o sequeiro (onde pasaron xa uns 15 días secándose co calor do lume e o fume) ata o lugar da pisa e alí, por grupos de catro persoas, iranse golpeando os sacos sobre un tallo de madeira. Despois da pisa, os sacos baleiráranse e principiará así o abandoxado, para sacarlles a segunda pel a estes froitos de outono. Finalmente, as castañas, xa limpas, iranse depositando en cestos para ser degustadas polos asistentes.

 

Proceso do abandoxado para sacarlle a segunda pel á castaña./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ao mesmo tempo, dende ás 11h. poderá visitarse a VIII Feira de Produtos Locais con postos de viños, cervexas, marmeladas, licores, queixo, pan, bicas, etc. Despois, ás 14h. servirase o “Xantar popular da castaña” cun menú a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa típica de castañas, viño e café. A súa entrada terá un prezo de 12 euros por persoa e é obrigatoria a reserva previa.

“Non debe esquecerse que etnograficamente esta festa ten un gran valor e que é a única da provincia de Ourense, e só hai outra en Lugo. Tampouco debe olvidarse que a castaña pisada era básica na alimentación dende novembro ata xuño, xullo, e que se gardaba en grandes arcas de madeira. Íase comendo con leite, con morcilla ou chourizo, con ovos fritidos, aínda que hoxe sirva para acompañar tamán á caza”, explica Paco Magide, concelleiro de Cultura de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button