CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Vilamartín cancela o campamento “Vilaverán”, pero traballa para abrir as piscinas

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de moito deliberar, dende a Concellería de Cultura de Vilamartín vén de tomarse a decisión de cancelar o seu campamento de verán “Vilaverán” debido á situación xerada polo Covid-19. “Tomamos a decisión de cancelalo xa que non podemos cumprir coas medidas de seguridade que se esixen”, en palabras da concelleira de Cultura, Claudia Núñez.

O cumprimento das medidas de distanciamento entre os rapaces participantes, así como as dificultades para o acondicionamento das instalacións son as principais razóns para esta cancelación, segundo a concellería, que anuncia que seguirán traballando para “poder cumprir a normativa para abrir as piscinas municipais”.

Artigos relacionados

Back to top button