ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín celebra as Letras Galegas reivindicando cun mural ao poeta Florencio Delgado Gurriarán

 

Da arte plástica bota man o Concello de Vilamartín para celebrar o Día das Letras Galegas, 17 de maio, incidindo ademais na reivindicación de que esta data se lle adique no vindeiro ano 2022 ao poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán. Esta tarde de domingo realizábase un mural coa imaxe deste autor nunha das paredes do ximnasio desta vila. A obra era realizada polo artista vilamartinés que asina como “Orde Caos”.

“O Concello de Vilamartín contribuímos con esa iniciativa a esa reivindicación a favor de Delgado Gurriarán”, sinala o seu alcalde Enrique Álvarez. Ademais a idea deste mural vai máis alá deste e pretende recuperar artisticamente as paredes deste ximnasio, actualmente cubertas de pintadas, con novas imaxes de autores de referencia da literatura galega como Rosalía de Castro ou Castelao.

“O resultado desta primeira intervención quedou moi bonito, e ademais permitiunos tapar unha desas paredes, agora a intención é continuar. O ladrillo que hai nelas é moi poroso e absorbeu os grafittis, que non marchan, e esta é unha maneira de recuperar ese espazo e de darlle un novo aspecto apoiando á literatura galega”, conclúe o rexedor.

Fotos: Concello de Vilamartín de Valdeorras.

 

O artista que asina como “Orde Caos”, durante a execución deste mural en Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button