ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín comeza a facer hoxe cortes de auga programados debido á seca

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Vilamartín vén de tomar medidas ante a actual situación de seca. O seu alcalde, Enrique Álvarez, vén de publicar un bando municipal no que anuncia “cortes programados de auga “por zonas durante a noite para que se poida recuperar o caudal dos depósitos e poder abastecer polo día sen problemas”.

Así nesta mesma xornada de 3 agosto farase un corte nos barrios vilamartineses da Rodeleira e da Magdalena. Os cortes faranse entre as 23h. e as 7h., segundo se indica no mesmo bando.

 

Artigos relacionados

Back to top button