ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVilamartín

Vilamartín honra a San Xurxo adaptándose á situación sanitaria

Este ano as festas patronais limitáronse a unha misa e o pasarrúas dunha charanga

 

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro e tamén a festividade de San Xurxo, patrón de Vilamartín de Valdeorras. E malia que a situación sanitaria provocada polo coronavirus, impediu un ano máis a elaboración dun programa con actividades culturais e musicais que impliquen a xuntanza da poboación, entre elas a tradicional procesión, polo menos nesta ocasión si se podía celebrar a misa na súa honra (o ano pasado a imaxe do Santo saía polas rúas da vila nunha pickup, sen xente nas rúas).

Así, ás doce deste mediodía comezaba a eucaristía na igrexa parroquial de Vilamartín, coa correspondente redución de aforo e as medidas de seguridade (mascarilla, xel hidroalcohólico,..).

 

Misa na honra a San Xurxo na igrexa de Vilamartín de Valdeorras.

 

O que tampouco faltou aínda que de forma simbólica foi a música, coa actuación da charanga Brisas do Sil (con algunha incorporación extra), antes e despois da misa, facendo un pequeno pasarrúas polo pobo para lembrar tan significativa data.

Coma sempre, os membros de Protección Civil permaneceron atentos ante calquera imprevisto.

 

Actuación da charanga na rúa.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button