CulturaCulturaÚltima hora

Vilariño de Conso celebrará as Letras Galegas con xogos populares

Ao carón do río Cenza, na área recreativa, festexará Vilariño de Conso o Día das Letras Galegas. Na mañá do 17 de maio neste fermoso entorno lembrarase a figura e a obra literaria de Carlos Casares e haberá xogos populares para nenos entre as 11h. e as 14h.: tiro con arco, xogos populares, xincana e hinchables.

Xa pola tarde continuarán as actividades neste mesmo espazo de Vilariño de Conso. Entre as 16h. e as 19h. desenvolveranse campionatos de ra, bolos e petanca (con dous cartóns ao xogo en cada unha destas probas), e tiro con arco (con dous cartóns dez frechas). Os adestramentos libres serán entre as tres e as catro da tarde.

 

Cartel das actividades das Letras Galegas en Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button