EconomíaEconomíaÚltima hora

Viño de Amandi maridado con peixe do Porto de Burela, na Escola B. Fernández Iglesias de Rosende (Sober)

Esta era unha das actividades incluídas no programa do Mes do Amandi

A Escola Belarmino Fernández Iglesias acollía neste 7 de marzo unha xornada de maridaxe dos Viños de Amandi e o peixe do Porto de Burela. Trátase dunha actividade organizada xunto co Concello de Sober con motivo do Mes do Amandi.

O alumnado do Centro asistiu a unha charla impartida por José Manuel Fernández Beltrán, secretario técnico do Porto de Burela, e a continuación os estudantes dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía e de Servizos en restauración ofreceron unha cata maridaxe dos viños de Amandi xunto cun menú a base de peixe do Porto de Burela composto dos seguintes pratos:

– Nigiri de pescada e allada
– Usuzuri de cabra marinada e aceite de herbas
– Ceviche de cabra
– Pescada ao vapor e olivas verdes
– “Fish and Chips” de bertorella
– Zorza de bertorella, pataca e Padrón
– Albóndega de cabra, pescada e bertorella en salsa de améndoa
– Surtido de postres

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button