ConcellosO BarcoÚltima hora

Virginia Gómez Trincado: “O importante e o que nos define é o trato coa xente”

Esta hostaleira ruesa, á fronte do Bambú dende hai 40 anos, recibirá a Mención de Honra da XXIII Festa do Botelo do Barco

Virginia Gómez Trincado./ Foto: O SIL.

 

Malia non ser do Barco leva boa parte da súa vida á fronte do Bambú, un dos locais de referencia na hostalaría barquense, sendo querida e respectada por moitas xeracións, o que a levou a ser merecedora da Mención e Honra da XXIII Festa do Botelo que lle farán o vindeiro sábado 18 de xaneiro no Teatro Lauro Olmo.

Virginia Gómez Trincado naceu na Rúa, onde vive, e chegou ao mundo da hostalaría por casualidade. Empezaba traballando no Bar Norte coa súa irmá e seis anos despois, hai 40, decidían coller o Bambú, na rúa Eulogio Fernández do Barco, que levaba moi pouco tempo aberto e que paso a paso se foi convertendo en todo un referente na vila. Especialmente porque non pechaba nunca pero tamén polos seus famosos bocadillos e polo carácter afable de Virginia.

“O importante e o que nos define é o trato coa xente e nese sentido tanto o meu home coma min, os meus fillos e a camarera que leva 14 anos comigo, sempre fomos bos”, di Virginia, asegurando que traballou moitísimo e segue traballando aínda que menos, nun dos peores horarios. “Abrimos ás seis da mañá e viña toda a xente; a xuventude os Fins de Ano; nas graduacións; o día de Nadal que estaba todo pechado e só abriamos nós…”, lembra, recoñecendo que se sente abrumada polo cariño que lle demostra a xente, especialmente os traballadores do Hospital onde se sentía como en casa e dos que aínda recibe felicitacións.

Máis información na edición en papel do Periódico O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button