CulturaCulturaÚltima hora

Visita á escavación arqueolóxica do Preguntoiro (Pantón), o sábado ás 11:30h.

 

Achegarse ao labor de escavación e investigación que se está facendo no xacemento do Preguntoiro en Pombeiro (Pantón) será posible na visita comentada que está prevista para mañá sábado, 18 de novembro, ás 11:30h. Para asistir non é precisa inscrición previa e o punto de encontro da mesma será o Lavadoiro de Cibrisqueiros.

Esta é a terceira campaña arqueolóxica consecutiva que se desenvolve neste xacemento e está previsto que se prolongue ata o vindeiro 19 de novembro. Tres os principais obxectivos do equipo de investigadores nesta intervención. Por unha banda, vaise na procura de “datos empíricos para coñecer a orixe da Ribeira Sacra como espazo simbólico, na Alta Idade Media” e, nese senso, realizaranse datacións de Carbono 14 “en perfís estratigráficos dos calexotes (terrazas para o cultivo da vide) para abordar a orixe da paisaxe vitivinícola desta zona”. Finalmente, búscase “consolidar un recurso patrimonial visitable no canón do Sil”, a carón dunha ruta de sendeirismo homologada que parte de Pombeiro e chega ata a aldea abandonada de Sancosmede.

 

Artigos relacionados

Back to top button