ConcellosÚltima hora

Visita a obras do Plan Marco en San Xoán de Río

Neste municipio da comarca trivesa investíronse 45.000 euros no arranxo de camiños
O alcalde de San Xoán de Río, co delegado da Xunta e o xefe territorial de Medio Rural en Ourense, visitando as obras.
O alcalde de San Xoán de Río, co delegado da Xunta e o xefe territorial de Medio Rural en Ourense, visitando as obras.

Dentro do Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/2014 veñen de desenvolverse obras no concello de San Xoán de Río por un investimento total de 45.000 euros.

O resultado desas obras era supervisado na mañá do 7 de xaneiro polo alcalde de San Xoán de Río, Gerardo Rodríguez, así como polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, e polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Yago Borrajo.

Esta actuación consistía na mellora da capa de rodaxe do camiño que une o límite do concello de Castro Caldelas co lugar de Medos, pertencente a San Xoán de Río, pasando pola localidade de Vilardá. A lonxitude do vial é de 2.215 metros e a súa anchura é de 4 metros.

Artigos relacionados

Back to top button