EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Visita de dez alumnos do obradoiro Macizo Central II ao Centro Tecnolóxico da Pizarra e a unha empresa do sector

Os participantes dos concellos de Trives, Manzaneda, San Xoan de Río e Chandrexa de Queixa, cursan o módulo de Cubertas inclinadas e albañilería de urbanización

 

O grupo de dez alumnos-traballadores do módulo de Cubertas inclinadas e albañilería de urbanización, do obradoiro de emprego Macizo Central II, que abarca os concellos de Trives, Manzaneda, San Xoan de Río e Chandrexa de Queixa, visitaba esta mañá, a nave de fabricación dunha empresa louseira e do Centro Tecnolóxico da Pizarra.

Tal e como explicaba a directora do obradoiro, María Eugenia Medina González, a visita “resultou de gran utilidade para afianzar coñecementos e sobre todo para coñecer, de primeira man, os procedementos desta industria”. A iniciativa era recibida “con gran entusiasmo polos alumnos-traballadores participantes”, quen atopaba nela unha motivación máis para seguir aprendendo.

 

 

Desde a dirección do obradoiro, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, queren agora lograr lazos de colaboración coas empresas louseiras de Valdeorras, ademais de potenciais incentivos para a futura contratación dos que agora cursan este módulo especializado en cubertas.

Back to top button