Cunha visita á residencia de maiores Luces do Sil iniciarán os Reis Magos, recén chegados de Oriente, o seu percorrido por Parada de Sil na tarde do 5 de xaneiro. Será ás 17h. Despois dirixiranse ao salón de plenos do Concello, onde os máis pequenos poderán entregarlle as súas cartas, haberá agasallos e unha chocolatada.