ConcellosÚltima hora

Visita dos Reis Magos ao concello de Ramirás

Organizada pola asociación cultural Rebulir e o Concello, a cabalgata percorrerá diferentes aldeas do municipio

REIS MAGOS CARTEL 2015 copia

O vindeiro luns día 5 de xaneiros os Reis Magos visitarán Ramirás convidados pola asociación cultural Rebulir e polo Concello, facendo un percorrido por diferentes lugares destas terras. Comezarán visitando a residencia da terceira idade do Mosteiro, e en torno ás 17h, farán a súa chegada nos coches oficiais ao Centro Cultural de O Picouto onde saudarán aos nenos do municipio. Posteriormente a súa comitiva pasará por diferentes aldeas.

Durante todo o percorrido estarán acompañados polos músicos e cantareiras da Asociación Rebulir. Os membros desta asociación, recuperarán un ano máis os cantos de reis que tradicionalmente se cantaban de casa en casa. Deste xeito, mozos e mozas percorrerán ata altas horas as casas das aldeas da zona cantando, tocando e pedindo o aguinaldo.

Artigos relacionados

Back to top button