CulturaCulturaÚltima hora

Visita guiada o 15 de xullo á escavación arqueolóxica de Vilarello (A Pobra do Brollón)

 

Xornada de portas abertas para coñecer o xacemento circular de Vilarello na parroquia da Cereixa (A Pobra do Brollón) e os segredos que, polo de agora, os investigadores teñen ido desvelando ao longo da escavación deste verán, que agora remata.

O 15 de xullo está prevista unha visita guiada por este conxunto arqueolóxico que, segundo os datos recabados ata o de agora polos arqueólogos, podería situarse na Idade do Bronce, hai uns 3.200 anos e podería ter un uso ceremonial.

O punto de encontro para os participantes nesta ruta cultural e arqueolóxica será a estación de ferrocarril da Pobra do Brollón ás 11h.

 

Artigos relacionados

Back to top button