ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Vistosa concentración de Cruces e Estandartes da Unidade Pastoral, na praza de San Mauro, no Barco

 

O programa relixioso do Cristo 2022 será recordado como o das novidades e actos singulares. A primeira era a misa cantada coa que o Orfeón Valdeorrés abría a novena o pasado 5 de setembro; a segunda, a homenaxe ao viño que se facía no adro da igrexa de Santa Rita o pasado domingo coa pisada de uvas que levaron a cabo una parella de nenos pequenos e a ofrenda do mosto; e a terceira, a máis vistosa e concorrida, tiña lugar na mañá deste mércores 14 de setembro, Día do Cristo.

 

 

En torno ás 11:30 horas tiña lugar a concentración na praza de San Mauro das Cruces e Estandartes de todas as parroquias da Unidade Pastoral, algo ao que o novo párroco do Barco, Jesús Álvarez, lle dá moita importancia. Foi unha vistosa xuntanza con numerosos e fermosos estandartes e cruces como o de Cobas, Oulego, Rubiá -Virxe do Camiño e Santa Mariña-, Santo Tirso de Piñeiro, Pai Eterno de Lardeira, Casaio, Portela do Trigal, Puente de Domingo Flórez ou o Nazareno do Barco, entre outros moitos.

 

 

Tamén estaba ao da Asunción de O Castelo e Barrio de Rubiá, diante da imaxe da Virxe que foi convidada a acompañar ao Nazareno durante a procesión que nesta ocasión unicamente ía ata a praza Maior por mor da chuvia. Esta imaxe salvouse do incendio que arrasou con pobos case enteiros no mes de xullo, polo que párroco explicaba que  “convidar a unha imaxe que milagrosamente se salvou das chamas será un guiño á esperanza e á recuperación despois da desgraza, como un símbolo de recuperación”. Nos vindeiros anos convidarán a outras imaxes.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button