Moi animado estivo a edición deste 2022 do Descenso Turístico do Sil que na tarde do sábado 10 de setembro e antes do LIV Descenso do Sil, enchía de cor as augas do río dende a ponte de Sobradelo ata o malecón do Barco de Valdeorras.
Entre as embarcacións que baixaron polos rápidos, había piraguas, kaiaks e tamén lanchas con grupos, protagonizando un descenso popular festivo, con chupinazo oficial e animación musical no Cachón das Casas Baratas. Tamén houbo premios para disfraces e equipos.
Fotos: Vianova Aventura.